Tarifas,
para todos os petos!

Dependendo das necesidades que precise a túa empresa ou proxecto en Redeslla temos tres paquetes mensuais de servizos. 

Estes están deseñados de maneira stándar, pero como cada iniciativa é un mundo, tamén podes beneficiarte dunha tarifa específica para as túas necesidades que poidamos crear en conxunto ou acollerte a traballos puntuais cando a empresa o requira.

PARA DAR O SALTO

Gozarás dunha análise completa da comunicación da túa empresa, tanto offline como online (asesoría).

Recibirás un plan estratéxico adaptado á mesma co que dar visibilidade e crear marca dixital a través das plataformas e ferramentas que mellor se adapten ao servizo/produto que ofrezas.

Contempla tamén o mantemento básico (xestión e creación de contido en redes, copywriting, análise de estadísticas…).

SÓ TRABALLAMOS CONTIGO NO TEU SECTOR

En Redeslla entendemos que comunicar non é un copia e pega de modelos. Por iso, os clientes que se acollan a esta tarifa (ou a de Gabinete) gozarán da dedicación exclusiva dos nosos profesionais no seu sector; é dicir, se tes un concesionario de coches ou un hotel, os nosos servizos non estarán dispoñibles para empresas semellantes á túa.

Terás á túa disposición os servizos da tarifa estratéxica + outros específicos como: o deseño e copywriting de dosieres/carteis, mailing, análise de estadísticas detallado, creación de contido para páxinas web…

SOMOS PARTE DO TEU EQUIPO

Seremos os teus aliados.

Traballaremos man a man a comunicación dixital da túa empresa ou proxecto diariamente. 

A idea é crear un vínculo real semellante á dun departamento máis da túa empresa; estando así en sintonía e permanente contacto. 

Os servizos van desde a creación dunha nota de prensa ata a posta en marcha dun plan de comunicación nunha situación de crise.

 

 

 

Se non se che adapta ningunha tarifa, deseñamos unha!

Se tes unha idea clara e ves que ningunha das opcións anteriores te convence, aquí estamos coas orellas ben abertas 🙂

Dámoslle forma ás túas ideas

O que máis nos gusta é ver como nacen propostas e como van collendo forma! Unha das claves de Redeslla é coñecer ben quen está detrás de cada empresa.

Abrir Whatsapp
Eh! Andas aí? Se tes unha idea, cóntanol
Eh! Andas aí? Se tes unha idea, cóntanola!