Que vimos facendo

Podes contar con Redeslla para calquera dos seguintes servizos:

Plans de comunicación

Déixanos coñecer a túa empresa e idearemos un plan estratéxico de comunicación online, ligado á offline, para potenciar os teus servizos/produtos, dar visibilidade e crear imaxe e marca.

Xestión de redes

Non sabes que publicar, cando e onde? Analizamos a situación na que estás e encargámonos de idear, crear e xestionar contido adaptado ás diferentes plataformas nas que estás ou deberías estar.

Copywriting

Unha das mellores formas de diferenciarse é a través da creatividade

O que dis e o que non dis está definindo a túa marca! Desenvolvemos ideas para redes, web, campañas de publicidade, mailing… 

Deseño e maquetación

Deseñamos, maquetamos e creamos contidos para os teus dosieres, trípticos, tarxetas de visita, carteis e páxinas web.

Mailing

O correo electrónico segue sendo unha das ferramentas máis empregadas, pero é momento de sacarlle todo o proveito!

Creamos e deseñamos contido para mailing interno ou externo.

Correccións de texto

Necesitas corrixir un documento pero os correctores automáticos van como van?

Aquí estamos para botarche unha man coa corrección e tradución de textos. Imos polo rego co galego normativo!

Relatorios

Ás veces é complexo contarlle ao teu equipo o importante que é a comunicación interna e a externa: empresa-cliente.

Pois se ves que se che atranca, ofrecemos relatorios sobre redes, creación de imaxe e marca, comunicación e xestión de crise

Formacións

Ofrecemos cursos sobre comunicación online, comunicación interna e externa,  xestión de redes, imaxe e marca, creación de comunidades dixitais… dirixidos a asociacións de empresarios e emprendedores.

 

Seguro que algo che fai falta!

Somos 'normaling'

Se por algo nos diferenciamos é por ser realistas!

Axudámosche a crear visibilidade da túa empresa ou idea para que o público empatice contigo e co que hai detrás de cada marca. Iso si, non vendemos por ti!

Apostamos polo sentido común á hora de poñer en marcha cada acción.

"Tes que esperar grandes cousas de ti mesmo antes de facelas", Michael Jordan

De ti parte todo, así que se tes unha idea o momento de poñerse en marcha é AGORA. Deixasnos acompañarte?

Abrir Whatsapp
Eh! Andas aí? Se tes unha idea, cóntanol
Eh! Andas aí? Se tes unha idea, cóntanola!