Déixate ver,
tamén na rede!

“A xente esquecerá o que dixeches, o que fixeches, pero nunca esquecerá o que lle fixeches sentir”,  Maya Angelou.

Cada vez que dis ou calas algo estás comunicando… En Redeslla axudámosche coa comunicación dixital na túa empresa ou proxecto. Desde o lanzamento e xestión das redes, creación de plans de comunicación, copywriting para webs, copy e deseño de dosieres, traducións e correccións de texto en galego normativo 😉 e máis. ​

Dinos que precisas, cóntanos a filosofía da túa marca e nós idearemos o contido para chegar a quen desexes, dando visibilidade e creando imaxe da túa actividade. ​

Que vimos facendo...

Plans de comunicación

Déixanos coñecer a túa empresa e idearemos un plan estratéxico de comunicación online, ligado á offline, para potenciar os teus servizos/produtos, dar visibilidade e crear imaxe e marca.

Xestión de redes

Non sabes que publicar, cando e onde? Analizamos a situación na que estás e encargámonos de idear, crear e xestionar contido adaptado ás diferentes plataformas nas que estás ou deberías estar.

Copywriting

Unha das mellores formas de diferenciarse é a través da creatividade

O que dis e o que non dis está definindo a túa marca! Desenvolvemos ideas para redes, web, campañas de publicidade, mailing… 

Deseño e maquetación

Deseñamos, maquetamos e creamos contidos para os teus dosieres, trípticos, tarxetas de visita, carteis e páxinas web.

Mailing

O correo electrónico segue sendo unha das ferramentas máis empregadas, pero é momento de sacarlle todo o proveito!

Creamos e deseñamos contido para mailing interno ou externo.

Correccións de texto

Necesitas corrixir un documento pero os correctores automáticos van como van?

Aquí estamos para botarche unha man coa corrección e tradución de textos. Imos polo rego co galego normativo!

Relatorios

Ás veces é complexo contarlle ao teu equipo o importante que é a comunicación interna e a externa: empresa-cliente.

Pois se ves que se che atranca, ofrecemos relatorios sobre redes, creación de imaxe e marca, comunicación e xestión de crise

Formacións

Ofrecemos cursos sobre comunicación online, comunicación interna e externa,  xestión de redes, imaxe e marca, creación de comunidades dixitais… dirixidos a asociacións de empresarios e emprendedores.

 

Se non sabes por onde empezar...

 

Arrancar nunca foi tarefa doada.. abofé que non! Porén, se te deixas asesorar por profesionais o conto pode cambiar un pouco!

E ti, estás pensándoo?

Eles xa contan con Redeslla Comunicación:

  • Amor Sin Barreras ONG
  • Títeres Cachirulo
  • Festival Galicreques
  • Inmobiliaria Vitae
  • Reimpulse mentoring
Abrir Whatsapp
Eh! Andas aí? Se tes unha idea, cóntanol
Eh! Andas aí? Se tes unha idea, cóntanola!