Que vimos facendo
Podes contar con Redeslla para calquera dos seguintes servizos:
Plans de comunicación
Déixanos coñecer a túa empresa e idearemos un plan estratéxico de comunicación online, ligado á offline, para potenciar os teus servizos/produtos, dar visibilidade e crear imaxe e marca.
Xestión de redes
Non sabes que publicar, cando e onde? Analizamos a situación na que estás e encargámonos de idear, crear e xestionar contido adaptado ás diferentes plataformas nas que estás ou deberías estar.
Copywriting
Unha das mellores formas de diferenciarse é a través da creatividade…
O que dis e o que non dis está definindo a túa marca! Desenvolvemos ideas para redes, web, campañas de publicidade, mailing…
Deseño e maquetación
Deseñamos, maquetamos e creamos contidos para os teus dosieres, trípticos, tarxetas de visita, carteis e páxinas web.
Mailing
O correo electrónico segue sendo unha das ferramentas máis empregadas, pero é momento de sacarlle todo o proveito!
Creamos e deseñamos contido para mailing interno ou externo.
Correccións de texto
Necesitas corrixir un documento pero os correctores automáticos van como van?
Aquí estamos para botarche unha man coa corrección e tradución de textos. Imos polo rego co galego normativo!
Relatorios
Ás veces é complexo contarlle ao teu equipo o importante que é a comunicación interna e a externa: empresa-cliente.
Pois se ves que se che atranca, ofrecemos relatorios sobre redes, creación de imaxe e marca, comunicación e xestión de crise…
Formacións
Ofrecemos cursos sobre comunicación online, comunicación interna e externa, xestión de redes, imaxe e marca, creación de comunidades dixitais… dirixidos a asociacións de empresarios e emprendedores.
Seguro que algo che fai falta!
Somos 'normaling'
Se por algo nos diferenciamos é por ser realistas!
Axudámosche a crear visibilidade da túa empresa ou idea para que o público empatice contigo e co que hai detrás de cada marca. Iso si, non vendemos por ti!
Apostamos polo sentido común á hora de poñer en marcha cada acción.

"Tes que esperar grandes cousas de ti mesmo antes de facelas", Michael Jordan
De ti parte todo, así que se tes unha idea o momento de poñerse en marcha é AGORA. Deixasnos acompañarte?